Translate

Etiquetas

viernes, 7 de noviembre de 2014

CHARLA- TAREFAS ESCOLARES: APRENDENDO A SER AUTÓNOMO



Charla para orientar a pais e nais nas tarefas de estudo dos seus fillos 

Profesionais do Centro Psicopedagóxico Crea ofrecen este sábado, 8 de novembro, a partir das 11:00 h. na Sala Multiusos do MPLugo, unha charla orientativa para pais e nais en relación cos deberes deberes dos seus fillos. Actividade organizada a Federación de Asociacións de Pais e Nais da Provincia de Lugo (FAPACEL) en colaboración coa área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Entrada de balde.
Tarefas escolares: aprendendo a ser autónomo’, é unha guía sobre como axudar cos deberes escolares, ata onde deben chegar coa axuda pais e nais e como poden levar a cabo esta tarefa. Está dirixida a nenos desde os 6 anos e ata o Bacharelato.
Para acadar este fin, dividen a guía en dous puntos principais. O primeiro xurde antes de empezar a traballar co rapaz e consiste en avaliar “se xa é autónomo ou non na realización das tarefas.A tal fin usarán un pequeno cuestionario que poderán empregar para responder a esta pregunta”. O segundo punto divídese en tres apartados: o como, o onde e o cando. “Aquí xa empregaremos pautas máis directas e a veces recorreremos a pequenos consellos. O como faise preparando con el as cousas, conseguindo que teña unha axenda e un horario. No onde explicamos as características que ten que ter un bo lugar de estudo ou de realización das tarefas: unha mesa con boa iluminación, que a veces damos por feita que existe, pero non se cumpre”.





martes, 17 de junio de 2014

PRAZOS E INSTRUCIÓNS DE ACCESO A CICLOS DE FP

Consultade toda a información aquí.
Moi atentos aos prazos: 
Período ordinario de admisión
Presentación de solicitudes: 17 de xuño ao 4 de xullo ás 13:00 horas
Listaxe provisional de solicitudes: 9 de xullo
Reclamación á listaxe provisional: 9 ao 11 de xullo ás 13:00 horas
Listaxe definitiva de solicitudes: 17 de xullo
1ª adxudicación :18 de xullo
Matriculación 1ª adxudicación :18 ao 24 de xullo ás 13:00 horas
2ª adxudicación :29 de xullo
Matriculación 2ª adxudicación: 29 ao 31 de xullo ás 13:00 horas
Período extraordinario de admisión
1ª adxudicación ( Realizase sobre as listaxes de espera do período ordinario): 2 de setembro
Matriculación 1ª adxudicación_ 2 ao 4 de setembro ás 13:00 horas
Presentación de solicitudes_ 1 ao 12 de setembro ás 13:00 horas
Listaxe provisional de solicitudes_ 17 de setembro
Reclamación á listaxe provisional :17 ao 19 de setembro ás 13:00 horas
Listaxe definitiva de solicitudes :23 de setembro
2ª adxudicación :24 de setembro
Matriculación 2ª adxudicación: 24 ao 26 de setembro ás 13:00 horas

lunes, 16 de junio de 2014

PRAZAS RESIDENCIA UNIVERSITARIA CORUÑA, OURENSE E VIGO

Consulta neste enlace a orde do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.

viernes, 6 de junio de 2014

jueves, 29 de mayo de 2014

GUÍA PAU

ACHÉGANSE AS PAU!
Infórmate ben. 
Para iso preparámosche unha guía sinxela. Consúltaa se tes alunha dúbida.

lunes, 19 de mayo de 2014

CALENDARIO APLICACIÓN LOMCE

PRIMARIA

- Cursos 1º, 3º e 5º: curso escolar 2014-2015. 

Primeira avaliación de 3º de Primaria ao finalizar este curso.
Cursos 2º, 4º e 6º: curso escolar 2015-2016. 
Primera avaliación final ao finalizar este curso.

ESO

Cursos 1º e 3º: curso escolar 2015-2016. 
- Cursos 2º e 4º: curso escolar 2016-2017
A primeira avaliación final da ESO realizarase ao finalizar o curso escolar 2016-2017 ao alumnado que cursara 4º de ESO, PERO non terá  efectos académicos (non será necesario superarla para obter o título de Graduado en ESO). A avaliación que se realice ao rematar o curso 2017-2018 sí terá efectos académicos.

BACHARELATO

Curso 1º: curso escolar 2015-2016. 
 Curso 2º: curso escolar 2016-2017. 
A primeira avaliación final da BAC realizarase ao finalizar o curso escolar 2016-2017 ao alumnado que cursara 2º de BAC, PERO non terá  efectos académicos (non será necesario superarla para obter o título de Bacharelato), aínda que sí se terá en conta para o acceso á Universidade. A avaliación que  se realice ao rematar o curso 2017-2018 sí terá efectos académicos.

FP

Será de oferta obligatoria e carácter gratuito. 
- Duración: 2 anos. 
- Accederase por recomendación do equipo docente da ESO, co consentimento dos titores legais, con unha idade entre 15 e 17 anos, tras cursar 3º de ESO, ou excepcionalmente ter cursado 2º de ESO.

Máis información aquí.

martes, 1 de abril de 2014

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

ÚLTIMA HORA! IMPORTANTE!

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN 13/14
Consultádeos no seguinte enlace.

HORARIO EXAMES PAU

Consultádeos no seguinte enlace.


Se premes no enlace podes ver as notas de corte nas universidades de Galicia no curso actual:
E aquí os parámetros de ponderación.
aquí toda a información sobre as probas de acceso á universidade.

Acceso a NERTA.

E estas son datas importantes: 

27-30 maio: prematrícula PAU no Instituto, onde se vos entregará un resgardo de matrícula co código de acceso á aplicación NERTA e as instrucións sobre a aplicación.

3 xuño: matrícula ordinaria PAU por parte dos centros nos LERD.

7 xuño: consulta en NERTA das listaxes provisionais de matriculados.

12-14 xuño: REALIZACIÓN DAS PAU

10 xuño-5 xullo: solicitudes anticipadas de admisión para a Universidade.

21 de xuño: publicación on line das cualificacións das PAU ( a partir das 20:00)



SOBRE IE UNIVERSITYhttp://www.ie.edu/es/universidad/por-que-ie-university

viernes, 7 de marzo de 2014

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIO E SUPERIOR

Convocatoria de acceso a ciclos superior e medio.
Aquí vos deixo o enlace con toda a información.
 E un resumo NESTA PRESENTACIÓN.


RECURSOS PARA ALUMNADO CHINO

Pincha no enlace para acceder a recursos para traballar co alumnado chino.

ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS

Dous enlaces de recursos para ensinar/aprender español alumnos estranxeiros:
Español para estranxeiros
Español como segunda lingua

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

No blog YO NO QUERÍA SER TUTOR (NI TUTORA) hai unhas presentacións e vídeos moi interesantes para velos cos alumnos ou cos pais. Pincha no enlace.

PERIGOS NA REDE: PONTE A PROBA

No seguinte enlace podes pór a proba os teus coñecementos sobre os riscos da rede:

http://www.navegacionsegura.es/

APOIO EN MATEMÁTICAS E LINGUA

Aquí tedes páxinas de interese para o apoio en matemáticas: 





E estas son algunhas interesantes para o apoio en lingua: 

E AQUÍ ALGO DE TODO