Translate

Etiquetas

viernes, 7 de noviembre de 2014

CHARLA- TAREFAS ESCOLARES: APRENDENDO A SER AUTÓNOMO



Charla para orientar a pais e nais nas tarefas de estudo dos seus fillos 

Profesionais do Centro Psicopedagóxico Crea ofrecen este sábado, 8 de novembro, a partir das 11:00 h. na Sala Multiusos do MPLugo, unha charla orientativa para pais e nais en relación cos deberes deberes dos seus fillos. Actividade organizada a Federación de Asociacións de Pais e Nais da Provincia de Lugo (FAPACEL) en colaboración coa área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Entrada de balde.
Tarefas escolares: aprendendo a ser autónomo’, é unha guía sobre como axudar cos deberes escolares, ata onde deben chegar coa axuda pais e nais e como poden levar a cabo esta tarefa. Está dirixida a nenos desde os 6 anos e ata o Bacharelato.
Para acadar este fin, dividen a guía en dous puntos principais. O primeiro xurde antes de empezar a traballar co rapaz e consiste en avaliar “se xa é autónomo ou non na realización das tarefas.A tal fin usarán un pequeno cuestionario que poderán empregar para responder a esta pregunta”. O segundo punto divídese en tres apartados: o como, o onde e o cando. “Aquí xa empregaremos pautas máis directas e a veces recorreremos a pequenos consellos. O como faise preparando con el as cousas, conseguindo que teña unha axenda e un horario. No onde explicamos as características que ten que ter un bo lugar de estudo ou de realización das tarefas: unha mesa con boa iluminación, que a veces damos por feita que existe, pero non se cumpre”.